Trofeo Vila da Rosa, 400 patinadores
Esta fin de semana celébrase no Pavillón Óscar Pereiro o Trofeo Vila da Rosa, incluído na programación deportiva da Festa da Rosa 2022, e organizado polo Club de Patinaxe Artística Rosaleira. Regresa tras a pandemia un evento deportivo referente no calendario anual municipal.
Congregará a un total de 400 participantes con idades comprendidas entre os 6 e os 18 anos, ademáis de 57 técnicos/as que os acompañan,
Participarán 19 clubes chegados de todo o territorio galego en dúas intensas xornadas de patinaxe. Ademais virá un clube de Barcelona, o Sant Ramón de Vilafranca de Penedés, que traerá un total de 11 patinadores/as e 5 técnicos/as. Clube co que o Rosaleira realiza intercambio desde o ano pasado.
Esta mañá participaron na presentación do Trofeo, celebrada no Concello, a presidenta do Club Rosaleira, Andrea Conde Rodríguez, o coordinador de deporte escolar en Vigo, José Manuel Freire Piñeiro, o concelleiro de Deportes de Mos, José Areal, e as tamén edís mosenses, Sara Cebreiro e Julia Loureiro.
O sábado día 11 en horario de mañá de 09h a 14h competirán os grupos A dos niveis 1, 2 e 3.
Pola tarde, de 16h a 20.45h farano os grupos B dos niveis 1, 2 e 3.
E xa o domingo pola mañá chegará o turno, en horario de 9h a 14h, do nivel 8, do grupo A do nivel 4, nivel 6, nivel 7, do gupo B do nivel 4 e a proba de contacto pista 3 dos grupos Amateur.
O domingo pola tarde, desde as 16.30h e ata as 20h, levaranse a cabo as probas de Contacto Pista Show, Competición Amateur, e Competición Show.
As entregas de trofeos se realizaranse aol final de cada xornada de competición, o sábado pola mañá e pola tarde, e o domingo pola mañá e pola tarde.