O Santo Cristo da Vitoria de Salvaterra, acompañado dos salvaterrenses, saíu en procesión polo recinto amurallado

Chegando o Santo Cristo a porta da Oliva, cara a praza do Castelo.
Foi moi emotivo. A devoción é patente. A imaxe que se venera na igrexa parroquial, imaxe de 1732, move a piedade a moitos devotos do municipio e arredores.

Foi moi emotivo. A devoción é patente. A imaxe que se venera na igrexa parroquial, imaxe de 1732, move a piedade a moitos devotos do municipio e arredores.

O Santo Cristo, desde a súa carroza, pasou polas rúas que rodean o recinto amurallado como a flamante rúa Marqués de Viana recentemente renovada e subiu pola rúa onde está a Policía Nacional, entrando de novo pola porta da Oliva, na praza do Castelo.

Antes houbo a santa Misa. O párroco de Salvaterra, Sergio Gómez, convidou, por segundo ano consecutivo, o actual reitor do Seminario Menor de Tui-Vigo, Antonio Menduiña Santomé, a presidir a solemne Eucaristía en neste día de Corpus Christi, que en Salvaterra centrou tamén a celebración no Santísimo Cristo da Vitoria de Salvaterra.

Menduiña Santomé fiou un argumento na homilía sobre a comida e o alimento...e como Cristo comía con todo tipo de xentes e como se despediu cunha comida, a derradeira Cea, dos seus discípulos. Explicou que Cristo na eucaristía é alimento para o cristián e nos permite ter unha grande unión co Mestre.

Fóra agardaban a banda de Música de Salvaterra, dirixida por Daniel Gregores, e A banda de Gaitas e Grupo de Baile da Pontenova. Ámbalas dúas acompañaron a procesión e exhibiron a súa destreza na praza do Castelo tras recollerse o Santo Cristo na Igrexa.

Pola noite, no recinto amurallado, continúa a festa coa verbena a cargo da Orquestra Miramar, a partir das 22 horas.

LUNS

Mañá é festivo local en Salvaterra e haberá unha misa solemne ás 11 da mañá na igrexa parroquial.

 Pola noite, máis música, a partir das 22 horas, coa Orquestra Trébol.

Con isto rematan os festexos en honra do Santísimo Cristo da Vitoria, tanto relixiosos coma profanos, que se celebraron ao longo de tres días.