Salvaterra proxecta 'cine de inverno'

Marta Valcárcel, alcaldesa de Salvaterra de Miño.

O programa 'Cine de Inverno' é un ciclo gratuito de cine que ofrece 18 películas, as fins de semana, con sesións os sábados ás 22.00 horas e os domingos ás 17.00 horas, entre o 18 de xaneiro e o 22 de marzo, no Salón da Casa de Cultura de Salvaterra. Un programa de ocio e cultura enfocado a toda a poboación, adultos, nenos, familias, grupos de amigos ou simplemente a calquera persoa que está buscando unha alternativa diferente e asequible.

Nesta edición poderemos desfrutar dos últimos lanzamentos

coas películas máis recomendadas do 2018, con xéneros tan diversos como

comedia, animación, fantasía, drama, acción, aventura.. con directores como

Franck Dubosc, Rob Marshall, Javier Ruíz Caldera, Daniel Mozón..., entre

outros-

A primeira película que abrirá este ciclo o sábado

18  será unha comedia dirixida por Franck Dubosc co  título “Sobre

Ruedas” ás 22.00h e o domingo 19.00h proxectarase “Spiderman, un nuevo

universo” ás 17.00h, unha ppelícula de animación enfocada para o público máis

novo.