Salvaterra formará a 20 persoas desempregadas no ámbito forestal e de xardinería durante 12 meses

ARQUIVO.
As obras a realizar a través deste obradoiro están destinadas a  darlle continuidade a posta en valor do parque forestal Monte Castelo, ubicado na parroquia de Pesqueiras, e no cal se está traballando a través dun convenio co CCMM co fin de seguir mellorando o noso patrimonio e reforzar un recurso turístico moi importante para o municipio. 

A Consellería de Emprego e Igualdade ven de comunicar a concesión de máis de 500.000 euros para financiar os custos de formación profesional para o emprego do proxecto do Obradoiro dúal denominado “SALVATERRA EMPREGA II” .

Esta acción enmarcase dentro das políticas activas de emprego que está realizando o Concello e que teñen por finalidade mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas mediante a realización dun traballo efectivo, que xunto coa formación profesional para o emprego recibida, relacionada directamente co dito traballo, procura a súa cualificación profesional e favorece a súa posterior inserción laboral no mercado de traballo.

SALVATERRA EMPREGA II  terá unha duración prevista de 12 meses,  onde se pretende formar a 20 persoas desempregadas nas especialidades formativas no ámbito Forestal  e de Xardinería. Con este obradoiro o alumnado traballador adquirirá os coñecementos necesarios mediante a realización de tarefas que responderán á prestación do servizo en si.

As obras a realizar a través deste obradoiro están destinadas a  darlle continuidade a posta en valor do parque forestal Monte Castelo, ubicado na parroquia de Pesqueiras, e no cal se está traballando a través dun convenio co CCMM co fin de seguir mellorando o noso patrimonio e reforzar un recurso turístico moi importante para o  municipio. E por outro lado a través das actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería farase un traballo de mellora nas zonas verdes , parques así como nas sendas municipais