Salvaterra amplía a zona recreativa da praia fluvial de Abelán, en Fornelos
28 de febrero de 2023 (19:16 h.)
Estes 4.600m2 únense aos 2.500 m2 existentes onde se encontra a zona de merendeiro e a praia fluvial.
A parroquia de Fornelos conta cunha zona de esparexemento ao lado do río, que xunto coa praia fluvial do Abelán é unha das zonas con máis afluencia na época estival. Tendo en conta esta situación o Concello de Salvaterra de Miño, coa mediación da Comunidade de Montes de Fornelos, ven de mercar por máis de 26.000,00€ tres parcelas que suman máis de 4.600m2 co fin de ampliar a zona lúdica e mellorar o aparcamento.
Estes 4.600m2 únense aos 2.500 m2 existentes onde se encontra a zona de merendeiro e a praia fluvial.