Roberto Vilar pregoará a 64 edición da Festa do Viño do Condado do Tea
14 de agosto de 2023 (21:09 h.)
O humorista, actor e presentador Roberto Vilar será o encargado de dar lectura ó pregón o domingo 27 de agosto no recinto amurallado de Salvaterra.

Falta só unha semana para que den comezo os actos e actividades da Festa do Viño do Condado do Tea e nesta a sexaxésimo cuarta edición a persoa encargada de dar lectura ó pregón será o recoñecido humorista e presentador Roberto Vilar.
A festa, declarada de interese turístico de Galicia, celebrarase este ano os días 25, 26 e 27 de agosto no recinto amurallado e contará con actividades e música nun programa que darase a coñecer nos próximos días.