A Reveriano Soutullo ponlle música ao Nadal

Banda de música Reveriano Soutullo.
Será este venres 23 de decembro a partir das 20.00 horas nunha actuación que servirá de pistoletazo de saída á ampla programación que o Concello de Ponteareas ten prevista para estas datas tan sinaladas.

O Nadal desembarca en Ponteareas esta semana por todo o alto. A Banda de Música Reveriano Soutullo subirase ao escenario da sala multiúsos do auditorio municipal para conquistar ao público un ano máis co seu tradicional Concerto de Nadal. Será este venres 23 de decembro a partir das 20.00 horas nunha actuación que servirá de pistoletazo de saída á ampla programación que o Concello de Ponteareas ten prevista para estas datas tan sinaladas.

O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, convida a toda a veciñanza a asistir e gozar deste concerto no que a banda conquistará ao público co seu amplo repertorio, no que se pode escoitar dende música galega de sempre a pezas de compositores ponteareáns ou títulos máis modernos.

O concerto será de balde con entrada libre ata completar aforo.