Reunión informativa para viticultores sobre a praga Flavescencia dourada da vide en Salvaterra

Este pasado xoves 2 de febreiro a Consellería de Medio Rural ven de declarar a presencia da praga de corentena denominada Flavescencia dourada da vide, ademais de establecer a zona demarcada para a praga e a adopción das medidas urxentes para a súa erradicación e control na Comunidade Autónoma de Galicia.

Co fin de informar de primeira man aos implicados e responder as dúbidas que poidan xurdir, o Concello de Salvaterra  xunto do Director Xeral de Gandería, Agricultura e Industrial Agroalimentarias da Consellería de Medio Rural e un técnico da consellería, reuniranse cos viticultores de Salvaterra o próximo 9 de febreiro ás 20.00h no Salón de Plenos do Concello, co fin de achegarlle toda a información e responder as dúbidas que poidan xurdir de acordo as medidas que se teñen que aplicar, ao encontrarse Salvaterra dentro da zona demarcada pola praga.