Reabre en horario matinal a biblioteca do Porriño
Este luns 1 de xuño, volve abrir as súas
portas a Biblioteca Municipal do Porriño, despois de permanecer pechada dende
que se declarou o estado de alarma.
A Biblioteca funcionará de novo, só en horario
matinal, de 10 a 15 horas, de luns a venres.
“Abrimos de novo e facémolo con
responsabilidade, adoptando as máximas garantías de hixiene e seguridade. É
dicir: uso de máscara, xel hidro-alcólico distancia de seguridade de 2 metros,
acompañamento dos menores de 14 anos e só servizo de préstamo e devolución de
exemplares no mostrador de atención sen que sexa necesaria cita previa”,
segundo indicou Cami Moreira, concelleira de Cultura.
Engadiu que o persoal da Biblioteca recomenda
que para a devolución de libros “non teñades presa, evitar aglomeracións, hai
prazo ata o 11 de xuño, e ademais ata mediados de mes aplicaremos unha
"amnistía" xeral”, manifestou Cami Moreira.
A concelleira agradece a comprensión e
paciencia da veciñanza.
Quen desexe máis información pode consultar a páxina web da Biblioteca