‘Que animaliño é?’ de Trémola Teatro
Ponteareas acolle este mes unha nova actividade do programa Apego, unha iniciativa colectiva “dirixida a fomentar e a facilitar a transmisión do galego como lingua inicial e a socialización dos nenos e nenas de entre 0 e 6 anos no noso idioma”, como explica o concelleiro de Lingua, Fernando Groba.
A actividade terá lugar o vindeiro xoves 31 de marzo a partir das 18.00 horas na sala multiúsos do Auditorio Municipal, onde Trémola Teatro representará o seu espectáculo ‘Que animaliño é?’. As máis pequerrechas e pequerrechos poderán gozar dunha narración oral mesturada con música dirixida á primeira infancia na que nenas e nenos descubrirán unha morea de animais e moitas cousas máis.
A actividade está recomendada para cativas e cativos de entre 6 meses e 5 anos e será totalmente de balde. Para poder asistir é necesaria reserva previa de praza no correo electrónico ou no teléfono 986 640 000, extensión 1010.
O edil convida a todas as nais e pais a inscribirse e gozar dunha divertida tarde de lecer en galego en familia.