Proxecto da Senda Circular dos Muíños da Salgueira en Pereiras, Mos
O Concello de Mos decidiu mellorar e ampliar unha das rutas peonís máis transitadas e frecuentadas do municipio, o Sendeiro dos Muíños da Salgueira, na parroquia de Pereiras, ampliándoo e converténdoo nunha senda circular de 5 quilómetros de lonxitude.
Así o informaron a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro mosense de Medio Ambiente Sostible e natural da parroquia de Pereiras, Leo Costas, quen apuntaron tamén que “se trata ademáis dunha importante demanda veciñal da parroquia de Pereiras, moi volcada con este sendeiro e estes muíños que forman parte do seu patrimonio cultural, histórico e etnográfico; e que revirte en beneficio de toda a poboación mosense que poderá facer uso e desfrute da senda circular”.
O proxecto da Senda Circular dos Muíños da Salgueira en Pereiras, que xa comezou a ser redactado por técnicos municipais, e cuxa acometida se espera poida ser iniciada durante este ano, inclúe entre outra melloras a ampliación da lonxitude do sendeiro, que pasará de pouco máis de 2 quilómetros a 5, sinalización horizontal e vertical, instalación de paneis informativos, entre outros.
Desde xeito continúase coa vontade municipal do Concello de Mos de manter e conservar o seu patrimonio natural e cultural e fomentar as prácticas sostibles e ecolóxicas. Potenciar o Mos verde e sostible, así como o turismo local en tempos de pandemia, que a veciñanza mosense coñeza o seu propio municipio e goce de actividades turísticas e deportivas ao aire libre como roteiros de sendeirismo..., entre outros.
“Queremos promocionar o Mos sostible dotado de recursos culturais e naturais que son os seus principais atractivos e elementos diferenciadores” explicaron rexedora local e concelleiro.