Proposta didáctica e lúdica para nenos estas vacacións de Nadal
Naturnova (r, Velázquez Moreno, 18 – 20), o centro de educación ambiental de Afundación, ofrece unha nova proposta didáctica e lúdica para estas vacacións de Nadal. Os días 27 e 28 de decembro, e 3 e 4 de xaneiro, de 11.30 h a 13.00 h, están organizados uns obradoiros centrados en afondar no coñecemento do maior grupo de seres vivos do planeta: os insectos. Así, quen participe nestas xornadas, familiarizarase coas características máis curiosas de, por exemplo, as bolboretas, os insectos pau xigantes ou fantásticos tipos de arácnido. As inscricións pódense formalizar aquí. As nenas e nenos deberán estar acompañadas por unha persoa adulta.
Esta actividade está incluída no programa solidario de Afundación «Cultura por alimentos», mediante o cal as persoas que visiten as actividades da Obra Social de ABANCA poden doar alimentos non perecedoiros nos colectores habilitados ao efecto. Esta iniciativa solidaria desenvólvese en cooperación con FESBAL (Federación Española de Bancos de Alimentos) e grazas a ela colabórase cos bancos de alimentos locais no labor que desenvolven.