Primeiro paso para eliminar o paso a nivel no Porriño
O
ADIF confirmou hoxe a Eva García, alcaldesa de O Porriño que maña martes día 10
abriranse as plicas das empresas interesadas no proxecto de supresión do paso a
nivel existente no centro urbán da vila. A resolución deste concurso “será
inminente e desarrollase en tres fases, sendo a primeira o estudio xeotécnico”
segundo manifestaronlle responsables do Administrador de infraestructuras
Ferroviarias á alcaldesa do Porriño.
Eva
García de la Torre trasladouse hoxe a Madrid e reuniuse na sede de ADIF con María
Luisa Domínguez Gónzalez, directora xeral de Proxectos e Planificación e dous
técnicos deste departamento reponsables da licitación. A alcaldesa valorou que
“a reunión foi moi ben”.
Segundo
as explicacións recibidas “confirmaronnos que mañá martes abriranse as plicas
para coñecer as ofertas das empresas interesadas na primeira das tres licitacións
que se desarrollarán, que corresponde ao estudio xeotécnico e de xeito
inminente, en tres semanas, adxudicarase” explicou Eva García.
As
dúas seguintes licitacións serán para resolver o proxecto básico e finalmente o
proxecto constructivo.
Para
a alcaldesa de O Porriño “non hai dúbida de que ADIF ten o firme propósito de
eliminar ese paso a nivel”.
A
solución técnica que se prantexa é mediante a depresión da rasante da vía
férrea polo que ADIF inclue na licitación do proxecto a realización de sondaxes
e estudio xeotécnico para dispoñer dunha valoración axustada do orzamento que
terá a obra.
A
reunión de hoxe foi continuidade das xestions realizadas no mes de setembro de
2019 e anteriormente en agosto de 2018 pola alcaldesa Eva García coa presidenta
do ADIF, Isabel Pardo de Vera cando lle trasladou a proposta unánime dos grupos
municipais e dos colectivos sociais e económicos de Porriño para suprimir o
paso a nivel como evidenciouse na histórica manifestación celebrada o 1 de xuño
dese ano.
O
paso a nivel existe en Porriño dende 1948. A súa supresión é unha demanda
histórica que se reforzou a partires do accidente de hai catro anos cando o
Tren Celta descarrilou por exceso de velocidade o que provocou catro mortos e
perto de medio centenar de feridos.