Ponteareas tranformouse nun Concello de trámites virtuais
O
concelleiro de Innovación e Desenvolvemento Tecnolóxico, Benito Márquez, fai
balance deste mes de implantación do teletraballo e traslada á cidadanía que a
totalidade dos e das traballadoras municipais que desenvolvían traballos con equipamentos
informáticos traballan dende hai xa un mes totalmente de xeito telemático.
Benito Márquez, que tamén é concelleiro de Persoal, salienta o excelente
traballo do departamento de informática que foi quen de implantar en tempo
récord a infraestrutura para o teletraballo permitindo que dende o primeiro
momento os e as traballadoras desenvolvan dende os seus fogares o 100% do
traballo a través dun software que lles permite acceder aos seus
escritorios virtuais dende fóra da rede
corporativa de xeito transparente empregando as mesmas ferramentas e programas
informáticos que utilizaban nas oficinas municipais. A través dunha dobre
autenticacións garántase a seguridade no acceso.
“O
escenario de teletraballo xa se tiña contemplado dende hai un tempo, de aí a
decisión de implantar o ano pasado unha solución no Concello de escritorios
virtuais baixo terminais lixeiros, o que supón múltiples vantaxes, unha delas a
mobilidade do espazo de traballo”.
O
Concello preparou equipo portátiles e manuais como guía para teletraballar e
creouse un sistema de VPN (rede privada virtual) para aqueles usuarios/as que,
por características do software específico co que traballan, non teñen
posibilidade de virtualizar o seu escritorio.
O
concelleiro de Persoal agradece tamén a todos e todas as traballadoras a súa
boa disposición e rápida adaptación a este novo sistema de traballo que atende
as necesidades e xestións máis urxentes mentres dure este estado de alarma.
Ademais,
o Concello implantou un software libre para a comunicación inmediata entre os
distintos departamentos, este sistema de mensaxería instantánea permite unha
comunicación fluída e áxil entre os traballadores e traballadoras adaptado aos
nosos escritorios remotos e traducido ao galego.
Benito
Márquez engade que o Concello dispón tamén dende os primeiros días dun software
libre, gratuíto e seguro que fai posible a celebracións de reunións como a
mantida entre o goberno e a oposición nos últimos días ou a realización de
xestións e tramitacións municipais que requiren o diálogo e toma de decisións
entre distintos departamentos. Un dos sistemas de maior seguridade existentes
no mercado.
“Fomos
dos primeiros Concellos da provincia capaces de implantar o teletraballo con
sistemas informáticos seguros e eficientes e con programas e ferramentas que
ademais de permitir o traballo individual facilitan o encontro virtual entre
traballadores e traballadoras”.