Ponteareas concienciada con as árbores autóctonas
A concellería de Medio Ambiente, que dirixe Rosa Covelo, e a concellería de Educación, que dirixe Cristina Fernández, implican aos centros educativos de primaria na plantación de árbores autóctonas co obxectivo de concienciar sobre a importancia do medio natural para o benestar das persoas e achegar aos máis pequenos e pequenas coñecementos sobre as nosas especies arbóreas.
A
concelleira Rosa Covelo explica que se trata dunha plantación planificada
atendendo ás necesidades, características e hábitat propio de cada espazo,
“nestes días plantaremos especies autóctonas axeitadas a cada zona, en Guláns e en Santiago de Oliveira carballos
e nogueiras e no regato da venda recuperarase a vexetación propia da beira do
regato con freixos e ameneiros e na zona da explanada, máis preto do complexo
deportivo, pradairos e bidueiros que aportarán unha ampla sombra na que
descansar”.
Onte
xoves, o alumnado do CEIP de Santiago de Oliveira plantou na contorna do seu
centro un total de 50 árbores, e hoxe será o CEIP Feliciano Barrera o que
plante outras 50 máis no monte de San Cibrán en estreita colaboración coa
comunidade de montes en man común e coa empresa Laureano Covelo que doou estas cen
árbores.
O
luns será o turno do CEIP Mestre Ramiro Sabell que comezará a plantar na zona
do regato da Venda, donde tamén plantarán, o martes, o alumando do colexio
Fermín Bouza Brey nun segundo tramo. Os CPRs Santiago Apóstol e La Inmaculada
completarán o traballo de plantación no regato da venda acadando todos xuntos a
cifra de 359 árbores plantadas nesta zona doadas polas empresas ponteareás
Aluarmo e Darlim.
En
total e coa árbores aportadas polo Concello, esta iniciativa fai posible a
plantación de 500 árbores autóctonas que farán máis grandes os pulmóns da nosa
vila para que todos e todas poidamos gozar dunha vida máis saudable e
agradable. Unha iniciativa na que participaron máis de 500 alumnos e alumnas.
Rosa
Covelo e Cristina Fernández salientan a colaboración das comunidades de montes
en man común e da comunidade educativa e agradece o apoio e colaboración das
empresas locais Aluarmo, Darlim e Laureano Covelo que, xunto á Comunidade de
Montes de San Cibrán, doaron as árbores plantadas pechando este amplo círculo
participativo que implica diferentes idades e sectores da poboación e contribúe
na amplificación do respecto e posta en valor do patrimonio natural.