Ponteareáns premiados pola súa relación cos libros a través da biblioteca

Socios de honra do 2021 da biblioteca pública municipal.

Con motivo do Día das Persoas Usuarios de Bibliotecas a concellaría de Cultura, que dirixe Fernando Groba, recoñeceu aos e ás usuarias de honra. No Museo Municipal onte luns tivo lugar a entrega dun lote de libros aos e ás socias con máis préstamos  durante o ano 2020. Os/as premiados/as foron nomeados socios de honor da biblioteca e como consecuencia disto terán a oportunidade de levar un maior número de libros prestados durante o ano 2021.

Na categoría Infantil foron nomeados socios de honra:

1.- González Fernández,  Emma (64 libros prestados en 2020)

2.- Palleiro Troncoso, Lara (39)

3.- Palleiro Troncoso Breogán ( 35)

4.- Solleiro González, Sabela (35)

Categoría Adultos:

1.- Comesaña Friere, Jesús ( 100 )

2.- Durán Quesado, Lorena ( 86 )

3.- Martinez Marquez, María Natividad ( 45 )

Ao rematar o acto de entrega de agasallos,as persoas premiadas e os seus acompañantes tiveron a oportunidade de asistir a unha visita guiada ao Museo Municipal de Ponteareas.