Pesqueiras prepárase para a Romaría de Monte Castelo en honra á Nosa Señora da Asunción

pesqueiras2
Co centenario da reforma da capela de 1923-2023 como acontecemento deste ano, a salvaterrense parroquia de Pesqueiras, coa organización da Asociación Cultural Santa Mariña de Pesquieras, ten un amplo programa para o martes 15 de agosto, en que celebra o III Fraternal Encontro coa Nosa Señora da Asunción.

Co centenario da reforma da capela de 1923-2023 como acontecemento deste ano, a salvaterrense parroquia de Pesqueiras, coa organización da Asociación Cultural Santa Mariña de Pesquieras, ten un amplo programa para o martes 15 de agosto, en que celebra o III Fraternal Encontro coa Nosa Señora da Asunción.

O día comezará cos sons da banda arbense de Gaiteiros Barca de Loimil. Ás 10.00 celebrarase a santa Misa na igrexa Parroquial. Ás 11 horas, sae a procesión cara á Capela do Monte Castelo, acompañando a Virxe da Asunción e coa Banda de gaiteiros. A misa solemne, xa na capela, celebrarase ás 13.00 horas e vai ser realzada polo coro parroquial. Haberá bendición de obxectos relixiosos adquiridos no santuario e procesións coas imaxes peregrinas xunto á Virxe da Asunción e sempre acompañada pola banda de gaitas. 

Contra as 14.00 horas, sesión vermú na explanada do Castelo con Concerto da Banda de Gaiteiros e baile co Grupo folclórico Barca de Loimil.

Tras o cal, xantar popular de romeiros e romeiras polas ladeiras do monte. Na carpa da explanada haberá bebidas, cafés, polbo á feira e churrasco mixto.

ARQUIVO. 

Pola tarde, contra as 17.00 horas, Festa Romeira e Serán coa banda de Gaiteiros, pandeireteiros e grupo folclórico Barca de Loimil. Tamén a charanga 'A cabeza non para'-

Ás 19.00 horas saída das procesións de imaxes peregrinas coa súa fraternal despedida da Virxe da Asunción.

Rematan os actos coa procesión das velas da Virxe da Asunción con baixada á igrexa parroquial.

Entre os actos relixiosos, a novena á Virxe da Asunción comeza, o domingo 6 de agosto, ás 10.30 horas, seguida da santa Misa. O domingo 13 novena e misa, por todos os defuntos da Virxe da Asunción, na Ermida da Asunción, no Monte Castelo, celebrarase ás 10.30 horas. De luns a sábado a novena terá lugar ás 20.00 horas, seguida da santa Misa.