Un contacontos e un obradoiro para celebrar o Día do Libro en Salvaterra
A Biblioteca Municipal xunto co departamento de cultura, un ano mais, dentro das súas campañas de dinamización á lectura, dos cativos, ultima os preparativos para a conmemoración do día do libro cun contacontos, 'Pepiña Maruxiña quere voar', e un obradoiro para facer a súa xoaniña.
Unha forma divertida e diferente de achegar aos máis pequenos ao mundo dos contos, e coñecer a biblioteca salvaterrense, aberta desde xaneiro do 2022.
"Dende a Biblioteca sempre destacamos a importancia que ten involucrar aos máis cativ@s na lectura, xa que serán os futuros lector@s da nosa sociedade", di no comunicado o Concello.
O contacontos e taller terán lugar próximo 21 de abril na Praza do Castelo ás 17.30. "Esperámosvos a todos, seguimos apostando pola cultura", remata o comunicado. .
Inscricións para o taller no correo animacion@concellodesalvaterra.org , do 14 ao 20 de abril.