Pan con sabor a Letras
Ponteareas fará chegar o Día das Letras Galegas a milleiros de fogares. O Concello, como vén facendo dende hai varios anos, divulgará a figura do poeta homenaxeado este ano, Florencio Delgado Gurriarán, a través de bolsas de pan conmemorativas que embolsarán e repartirán as panadarías locais.
Serán bolsas que levarán impresas por unha cara a imaxe e poemas de Delgado, mentres que, pola outra cara, renderá homenaxe ao xograr ponteareán Martín de Ginzo.
En total serán 9.000 bolsas de papel ecolóxicas procedente de fontes sostíbeis, fabricadas en Galicia e reciclábeis que permitirá achegar a figura destes persoeiros da literatura a todas e todos os ponteareáns.
O concelleiro de Lingua e Cultura, Fernando Groba, agradece a todas as panadarías locais a súa colaboración un ano máis para seguir difundindo figuras literarias de relevo e anima á veciñanza a achegarse aos seus establecementos habituais para conseguir este orixinal elemento conmemorativo.