Os tudenses viven intesamente o Nadal
As rúas e prazas do centro urbano será o escenario da actividade de animación programada polo Concello dentro da programación 'Tui, o Camiño do Nadal' que se vai desenvolver dende este sábado 19 de decembro e até finais de ano. O programa festivo pecharse coa recepción dos Reis Magos o 5 de xaneiro, nun acto cheo de maxia e ilusión do que proximamente se darán a coñecer todos os detalles.
Catorce agrupacións serán as encargadas dos pasarrúas musicais ou teatrais previstos e plantexadas con todas as medidas de seguridade de prevención da COVID19 e con espectáculos sempre en movemento.
A Banda de Música Popular de Tui ofrecerá varios concertos nestas semanas reducindo o número de músicos de cada actuación a unha véntena e adaptando o repertorio a estas condicións especiais tanto nos ensaios coma nas actuacións.
As charangas tudenses Cantos Somos e A Tu Ritmo encherán de festa rúas e prazas nestas datas festivas. Nesta programación de Nadal estarán tamén presentes as agrupacións folclóricas das distintas parroquias tudenses que farán soar a nosa música tradicional nos pasarrúas previstos a cargo dos grupos Aloia de Pazos de Reis, O Mosteiro de Pexegueiro, San Fins de Rebordáns, Seixos Albos de Areas, Arume de Malvas, Xuntanza de Randufe, ou A Insua de Caldelas.
Barafunda presentará os espectáculo de animación con globos “Trasnos” e “Alicornos”. A compañía de novo circo Asacocirco presentará “De Branco” e “Con Frak”, e Troula achegará “Krasnobarak” e “Carteiro Branco Real”.
Amais o día 24 estará en Tui dentro do “Nadal en Galego” da Deputación o Apalpador. Dende ás 17 h fará un pasarrúas musical xunto a un compañeiro acordeonista, Servando Barreiro, e do seu burro Río Lor para que os nenos e nenas poidan gozar das súas lendas, da súa sabiduría.
A programación pecharase o 5 de xaneiro coa presenza en Tui de Melchor, Gaspar e Baltasar cunha recepción real da que proximamente se darán a coñecer todos os detalles.
ACTIVIDADES
Programación de rúa
Sábado 19
- Ás 12:30 h Grupo de gaitas Aloia de Pazos de Reis
- Ás 18:30 h Charanga A Tu Ritmo
- Ás 19:30 h Banda de Música Popular de Tui Xs
Domingo 20
- Ás 12:30 h Grupo de gaitas O Mosteiro de Pexegueiro
- Ás 18:30 h Charanga Cantos Somos
- Ás 19:30 h Banda de Música Popular de Tui Xs
Luns 21
- Ás 17:30 h Barafunda "Trasnos"
Martes 22
- Ás 17.30 h Asacocirco "De Branco"
Mércores 23
- Ás 17:30 h Troula "Krasnobarak"
Xoves 24
- Ás 17:00 horas no Paseo da Corredoira O apalpador
- Ás 18.30 h Charanga A Tu Ritmo
Sábado 26
- Ás 12:30h Grupo de gaitas Seixos Albos de Areas
- Ás 18:30h Banda de Gaitas Arume de Malvas
- ÁS 19:30h Banda de Gaitas Arume de Malvas
Domingo 27
- Ás 12:30 h Alumnado da Escola de Gaitas e Percusión A Insua de Caldelas
- Ás 13.15 h Grupo de Gaitas San Fins de Rebordáns
- Ás 18:30 h Grupo de gaitas Xuntanza de Randufe
- Ás 19:30h Grupo de gaitas Xuntanza de Randufe
Luns 28
- Ás 17:30 h ASACOCIRCO "Con FRAC"
- Ás 18:30 h Banda de Música Popular Tui Xs
Martes 29
- Ás 17:30 h Barafunda "Alicornos"
- Ás 18:30 h Banda de Música Popular Tui Xs
Mércores 30
- Ás 17:30 h Troula " Carteiro Branco Real"
- ÁS 18:30 h Charanga Cantos Somos
Martes 5 de xaneiro
- Recepción dos Reis Magos