Os Biosbardos buscan solidariedade con Troula Biosbarda

biosbardos
Troula Biosbarda celebrarase de 17 horas a 20 horas e consistirá nunha tarde divertida e entretida “para nenos e nenas, peludos e adultos”, tal e como explican desde a organización.

O refuxo canino Os Biosbardos de Ponteareas organiza un festival solidario contando co apoio e colaboración do Concello de Mos o próximo sábado día 30 de abril no pavillón Soledad Castro de Pena de Francia.

O evento titulado Troula Biosbarda celebrarase de 17 horas a 20 horas e consistirá nunha tarde divertida e entretida “para nenos e nenas, peludos e adultos”, tal e como explican desde a organización.

Os cativos divertiranse con hinchables, pintacaras, globloflexia, contacontos, e haberá clase de aerobic e un desfile para todos os públicos.

No desfile peludo poderá participar co seu mellor amigo quen o desexe e contarase tamén coa presenza dos ‘biosbados’ adoptados.

Haberá Soldados Espaciais con con Photocall, que chegarán doutra Galaxia, a pasar a tarde con todos os asistentes.

A Trastenda de Parche terá á venda o seu material que vai desde merchandaising, ata libros, chuches, bisutería, xoguetes e bebidas.

O festival culminarase ao remate cun sorteo de 50 agasallos entre todos os presentes.

O prezo de entrada é de 3€ por persoa e Fila 0 para sorteo.  Os interesados en obter máis información poden envíar un correo.