A Orquesta Sinfónica de Galicia pecha tempada de Música Clásica en Vigo

Coro de la Orquesta Sinfónica de Galicia.
O día 22 de novembro retornará a Real Filharmonía de Galicia coa estrea absoluta da obra Schattenhaft de Hugo Gómez-Chao, baixo a dirección de Baldur Brönnimann.

Afundación, a Obra Social de ABANCA, continúa coa súa Tempada de Música Clásica organizada en colaboración coa Sociedad Filarmónica de Vigo que se desenvolverá ata decembro no Teatro Afundación de Vigo. Continuará a tempada a Orquesta Sinfónica de Galicia o día 26 de outubro cun concerto con obras de F. Chopin con Iván Martín como director e solista. Este recital enmárcase en «Quedamos no palco, quedamos coa clásica», unha iniciativa de Afundación para que estudantes poidan desfrutar da música clásica de maneira gratuíta.

A Tempada de Abonos de Clásica está incluída no programa solidario de Afundación «Cultura por alimentos», mediante o cal as persoas que visiten as actividades da Obra Social de ABANCA poden doar alimentos non perecedoiros a xeito de entrada solidaria nos colectores habilitados ao efecto. Esta iniciativa solidaria desenvólvese en cooperación con FESBAL (Federación Española de Bancos de Alimentos) e grazas a ela colabórase cos bancos de alimentos locais no labor que desenvolven.

 

A PROGRAMACIÓN DE CONCERTOS

Todos os recitais incluídos na Tempada de Música Clásica terán lugar no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13) ás 20.00 h.

O día 22 de novembro retornará a Real Filharmonía de Galicia coa estrea absoluta da obra Schattenhaft de Hugo Gómez-Chao, baixo a dirección de Baldur Brönnimann.

Finalmente, a Orquesta Sinfónica de Galicia poñerá o peche á tempada o 21 de decembro nun recital que contará coa mezzosoprano Lorena Valero baixo a batuta de Cristóbal Soler.