Oito homes e tres mulleres penados realizaron cincocentas horas de traballo social nas brigadas de limpeza, parques e xardíns do Porriño
Once penados con condeas que non implicaban
cárcere cumpriron máis de 500 xornadas
de traballo pola comunidade en diversas tarefas en servizos municipais do
Porriño durante o segundo semestre do ano 2019.
O Concello de O Porriño colabora co Centro de
Inserción Social “Carmen Avendaño” de Vigo en facilitar o cumprimento desas
condeas mediante traballo en beneficio á comunidade (coñecido polas siglas TBC)
a persoas penadas por delitos leves con condeas non privativas de libertade.
Desde xuño ata decembro de 2019, oito homes e
tres mulleres realizaron esas cincocentas horas de traballo social nas brigadas
de limpeza, parques e xardíns do Concello. A meirande parte desas xornadas de
traballo realizanse en días laboráis agás en catro casos que resolveron o tempo
de condea traballando en fines de semana, segundo explicou Sergio Casal,
concelleiro de Medio Ambiente.
Neste ano 2020 que vén de comezar, xa hai dous
penados que iniciaron o cumprimento das súas condeas de traballo social (un,
hoxe e outro o pasado día 4) e un terceiro empezará o vindeiro luns 13.
O Código Penal contempla os traballos en
beneficio da comunidade (TBC) para aquelas persoas condeadas a menos de dous
anos de cárcere e que non teñan antecedentes penais. A meirande parte deste
tipo de penados procede de condeas por delitos de tráfico e contra a seguridade
vial (por exceso de velocidade ou sobrepsar os límites de alcoholemias).