Obradoiro de Paquetes de Nadal para comerciantes ponteareáns

A

concellería de Promoción Económica convida a todos e todas as comerciantes e

hostaleiras a participar no obradoiro, organizado por BANASTRA en colaboración

co concello de Ponteareas, “Paquetes de Nadal”.

Este

curso que se impartirá totalmente gratis durante tres días (18,19 e 20 de

novembro) salientará a importancia dun bo envase e ensinará a personalizar os

establecementos, a traballar con diferentes materiais e mesmo con recursos

naturais para crear embalaxes e decoracións orixinais e máis sostibles.

Os

e as participantes collerán práctica na embalaxe de produtos de forma irregular

e crearán sobres e bolsas.

Este

obradoiro será na biblioteca municipal de 20:30 a 22:30 horas e as interesadas

e interesados deben inscribirse a través de WhatsApp no número 682 82 46 05.