O Porriño separa da biblioteca o espazo para o estudo no Centro Cívico
O vindeiro martes 9, o Concello abrirá a primeira Sala de Estudo Municipal, nas instalacións do Centro Cívico, na rúa Domingo Bueno, nº 13. Trátase dunha iniciativa da Concellería de Cultura que dirixe Cami Moreira.
Segundo explicou a concelleira, “este novo
espazo vén complementar á Biblioteca Municipal, coñecida polo seu labor e
sentido de pertenza tanto de porriñesas e porriñeses, como da contorna”. “Ao
mesmo tempo esta separación de espazos con funcións diferenciadas, dará
solucións, tanto ás persoas que buscan un lugar para estudar comodamente e en silencio,
coma que a Biblioteca Municipal recupera o seu espazo para implementar os
servizos bibliotecarios a todas as persoas que queiran gozar do fondo
bibliográfico, facendo deste goce un agradábel convite”, engadiu Cami Moreira.
A concelleira de Cultura sinalou que “en
definitiva, pretendemos converter a Biblioteca nun lugar polivalente que non
exclúa ningunha posibilidade, sendo máis atractiva, e con diversidade nos espazos".
Esta nova experiencia abrirá as súas portas de
8:30 a 14:30 horas de luns a venres, e coas garantías de seguridade sanitaria
polo COVID-19.