O Porriño instala cabinas anti-covid
Esta semana na porta de acceso principal ao Multiusos de Torneiros está a proba unha cabina anti-Covid desarrollada por Ramecq, unha empresa do Porriño.
O pórtico de entrada, está dotado cun sistema de toma de temperatura, dispersor vaporizador, xel hidroalcohólico e alfombra desinfectante como xa tiveron oportunidade de comprobar as persoas que acuden ás oficinas de Porreemprego e demais servizos ubicados no Multiusos de Torneiros.
Segundo explica a empresa 'Ramecq' na súa páxina web, o sistema co que está dotada a cabina Smart Sanitizer que desarrollaron, emprega productos químicos e desinfectantes aprobados polas normativas europeas e respetuosos co medio ambiente. Esta empresa ten a súa sede no polígono industrial de A Granxa.
David Alonso, concelleiro de Servizos Sociais e Emprego manifestou que “colocaremos a cabina a proba noutras instalacións municipais coma o Polideportivo, tamén no Centro Cultural e falei con Alfonso Pato, director do Festival de Cans para que valoren a súa instalación na vindeira edición deste evento”.