O Porriño destina 20 mil euros ás familias máis desfavorecidas
O
Concello de O Porriño habilitou unha partida de 20.000 euros mediante crédito
extraordinario para atender ás familias máis desfavorecidas e persoas con
dificultades económicas para que poidan abastecerse de alimentos frescos e
productos básicos de primeira necesidade. Tratase de unha acción extra motivada
polo actual estado de alarma pola pandemia do coronavirus e que complementa á
axuda periódica que distribue o Banco de Alimentos “SOS Porriño”.
Coa
achega deses 20.000 euros estableceuse un contrato co Supermercado Froiz da rúa
Ramón Gónzalez para que as persoas e familias más desfavorecidas poidan aprovisionarse
de productos de primeira necesidade. As súas compras se van descontando desa
cantidade de 20.000 €.
Cada
familia ou persoa interesada en acollerse a esta axuda extraordinaria deberá realizar
a súa solicitude ao departamento de Servizos Sociais do Concello a través do
número electrónico 986 33 50 00 (extensión 6).
Os
técnicos de Servizos Sociais valoran cada caso en función de que se trate dun
solicitante individual ou familiar, número de membros, se hai menores, parados
de longa duración ou persoas dependentes. En función de distintos báremos
asignaselles unha coantía semanal por cuio importe poderán realizar a súa
compra. Tamén están tipificados os productos e alimentos que poderán adquirir.
Para
realizar esa compra indicaselles que deberán acudir individualmente ou unha
persoa por familia, preferentemente en horario de tarde, para evitar
aglomeracións.
A
duración desta achega está prevista para mes e medio “sen descartar que teñamos
necesidade dunha ampliación pola duración das actuáis medidas de confinamento e
restricción da movilidade”, indicou David Alonso, concelleiro responsable de
Servizos Sociais.