O musical 'Grease' no parque da Feira Vella
O Parque da Feira Vella de Ponteareas volverá a converterse mañá martes nunha sala de cine ao aire libre. Ás 22.00 horas comezará a proxección de 'Grease', o musical que marcou a varias xeracións e deixou a súa pegada no cinema dos anos 70.
O concelleiro de Eventos, Miguel Bouzó, destaca que esta actividade “está sendo un éxito”, e afirma que é unha mostra máis da “aposta do Concello para encher as rúas de cultura de forma segura”. “Grease” será a terceira película que se proxecta en Ponteareas durante o mes de agosto, a primeira foi “Cuñados”, e a segunda “Padre no hay más que uno 2”.
O musical lévanos ao verán de 1959, cando Sandy (Olivia Newton John) e Danny (John Travolta) pasaron un romántico e marabilloso verán xuntos, pero, cando as vacacións acábanse, os seus camiños sepáranse. Inesperadamente, volven verse no instituto Rydell, pero a actitude de Danny xa non é a mesma: xa non é o mozo encantador e atento que namorou a Sandy; agora é soberbio e insensible.