O Museo da Ciencia do Viño de Salvaterra impartirá formación para a Certificación WSET
O Museo da Ciencia do Viño impartirá una formación para a
Certificación WSET, isto é, Cualificación de Nivel 2 en viños. WSET é unha
organización con sede en Londres e estendida por todo o mundo que conseguiu se converter
na referencia internacional na formación do viño.
Ademais ofértanse
nove experiencias en adegas baixo o lema ‘Da cepa a copa’ que implicarán
as adegas e aos profesionais na impartición de clases prácticas na produción e
formación en espaldeira e outros sistemas, en enxertos, mantemento do chan e
laboreos, manexo de vexetación e poda en verde, as enfermidades e pragas da
viña, aclareo de acios e destetado e desfollado, asi como de seguimento de
maduración e toma de mostras, na vendima e elaboración de viños brancos e
tintos e no seguimento das distintas elaboracións. Experiencias que rematarán
cunha cata de viños das adegas visitadas.