O equipo feminino da categoría infantil do Club Natación Ponteareas proclámase campión galego

A concellería de Deportes que dirixe Nahir Covelo, en nome de todo o goberno, felicita ás e aos nadadores do Club Natación Ponteareas así como ao seu adestrador polos bos resultados acadados.

Nesta

ocasión a piscina do complexo deportivo Rías do Sur, en Pontevedra, foi

testemuña da calidade dos e das nosas nadadoras que no Campionato Galego de

Natación categorías junior e infantil e na Copa Sénior celebrados esta pasada

fin de semana conseguiron novamente podios e medallas.

Co

obxectivo de mellorar marcas e conseguir entrar os primeiros clasificados o

equipo CN Ponteareas viña de participar no Meeting Internacional de Pòvoa do

Varzim a modo de posta a punto para competir nesta proba galega.

Os

e as nadadoras de Ponteareas cumpriron os obxectivos entrando en numerosos

podios e batendo 5 récords do Club en piscina de 50m.

O

club remarca o papel do equipo feminino de categoría infantil que gañou o

primeiro posto final, sendo campión galego de todos os relevos que desputou

durante os tres días (4x100m. Estilos, 4x100m. Libre y 4x200m. Libre).

En

xeral a actuación de todos os nadadores e nadadoras foi destacada quedando

reflectido nas clasificacións finais:

Equipo

relevos infantil / Equipo completo

CLASIFICACIÓN

INFANTIL:

Feminino

1.ª posición

Masculino

11.ª posición

Conxunta

3.ª posición

CLASIFICACIÓN

JÚNIOR:

Feminino

2.ª posición

Masculino

3.ª posición

Conxunta

2.ª posición

Doutra

banda, 3 nadadores (Pablo Cabana, Sofía Carballo e Carla Faro) xunto ao noso

adestrador, Andrés Carrera, están convocados para o Campionato de España

Júnior-Infantil por Comunidades autónomas representando á selección Galega os

vindeiros 14, 15 e 16 de febreiro en Las Palmas de Gran Canaria.