O día do usuario da biblioteca ponteareán celébrase co nomeamento da persoa usuaria de honra na categoría infantil e adulto

A biblioteca pública municipal celebra o día das persoas usuarias das bibliotecas o luns día 13.

A partir das 18.30 horas a nosa biblioteca pública acollerá distintos actos e actividades para recoñecer aos e ás súas usuarias e ensalzar os servizos que ofrece.

Deste xeito, o concelleiro de cultura, Fernando Groba, procederá ao nomeamento da persoa usuaria de honra na categoría infantil e adulto e tamén se agasallará un lote de libros para as persoas usuarias con máis préstamo no ano 2019.

Ademais

haberá unha visita guiada á biblioteca municipal e ao museo municipal.

Tamén

se repartirán marcapáxinas para todas as persoas usuarias asistentes.

Fernando

Groba salienta a importancia deste servizo público aberto nun amplo horario e

para todos os públicos, “un lugar no que poden atopar lectura e actividades

culturais para o seu tempo de lecer pero tamén un espazo para o estudo e para

ampliar a súa formación. As bibliotecas son lugares indispensables que van máis

aló da lectura e son un servizo que vela pola promoción da cultura, da

formación e mesmo un espazo de encontro no que atopar persoas con inquedanzas

semellantes”.