O Concello do Porriño licita 3.800 euros para dinamizar a economía local
O
Concello do Porriño ten actualmente en curso a licitación de máis dunha ducia
de contratos que suporán un importe de preto de 3.800.000 euros que axudarán a
dinamizar a economía local.
As
licitacións abranguen dende aprovisionamentos diversos para vías e obras,
aluguer de maquinaria, subministracións varias, ata a prestación de servizos de
mantemento dos campos de fútbol municipais ou limpeza dos centros educativos.
Tamén están incluídas nese conxunto de licitacións varios proxectos de obra
como a humanización da rúa Aloques e a pavimentación de camiños municipais en
Torneiros, Centeáns, Covelo e Cavadas que sairán en tres lotes de
adxudicacións.
A
concelleira Lourdes Moure, responsable de Contratacións e Persoal pondeoru “o
excelente traballo realizado polos funcionarios dos departamentos de
Contratación, Intervención máis os técnicos municipais que habilitaron as
partidas orzamentarias para acometer estas licitacións para servizos
fundamentais”.
Engadiu
a concelleira que “a progresiva desescalada permitiu a reincorporación da
meirande parte dos traballadores e funcionarios do Concello” o que posibilitou
que se reactivasen ata catorce licitacións que se resolverán neste mes de xuño.
'Todas as licitacións en curso pódense consultar no Portal de Transparencia na web do Concello (o.porrino.org), na pestana 'Perfil do Contratante'.