O Concello do Porriño e o Consorcio de Augas do Louro aprazan as súas taxas
A
alcaldesa Eva Garcia promulgou un decreto polo que o Concello de O Porriño comunica
o aprazamento de todas as obrigas tributarias municipais ata que rematen as
medidas de confinamento, suspensión de actividades económicas e restricción da
movilidade con motivo da pandemia de coronavirus.
A
rexidora porriñesa explicou que “imos devolver pagamentos xa realizados por
servizos que non puideron prestarse como por exemplo aos usuarios da piscina
municipal,”. Asimesmo Eva Garcia indicou que “están a valorarse outras medidas
entre as que estudamos como facer cos recibos do Imposto de Bens Inmobles
(IBI), pero de momento, aprazaremos os devengos”, sinalou a alcaldesa.
O CONSORCIO
O Consorcio de Augas do Louro anuncia
aos veciños de Porriño, Salceda, Mos e Tui o aprazamento do pago das taxas con
motivo da situación de alarma por coronavirus.
O Consorcio valorou os efectos económicos
que as medidas de confinamento e cese das actividades decretadas están a
provocar especialmente nas familias e pequenos comercios así como as limitacións que esta
situación supón aos usuarios para acceder fisicamente ás entidades bancarias.
Polo que decidiuse modificar o calendario fiscal de 2020 aprazando 20 días, ata o 30 de abril, a data de pago en voluntaria
dos recibos de novembro-decembro de 2019, retrasar
dous meses os prazos de inicio e fin de pago en voluntaria dos recibos de
xaneiro-febreiro de 2020 e retrasar un
mes os prazos previstos para os recibos de marzo-abril de 2020.
Por outra banda, o Consorcio lembra
que o importe dos recibos que emite depende en grande medida do consumo de auga realmente realizado
polo que todos aqueles establecementos que tiveran que cesar a súa actividade
durante os meses de marzo e abril verán cómo se reduce o importe do recibo
proporcionalmente á cantidade de auga non utilizada.
O Consorcio tamén informa que as
persoas en risco de exclusión social están exentas do pago das taxas polo que,
de darse esta situación a consecuencia do estado de alarma por coronavirus,
poden solicitar dos servicios sociais municipais os informes que acrediten esta
nova situación para poder acceder a esta exención.
O Consorcio lembra aos usuarios que
mantén a súa disposición o número 900810103 así como a súa sede electrónica e
páxina web as 24 horas do día.