O anteproxecto para a rehabilitación do Teatro Principal tudense manterá a fachada
O arquitecto
César Portela vén de rematar a redacción do anteproxecto para a rehabilitación
do Teatro Principal de Tui. O Concello de Tui encargoulle este cometido como
paso previo para coñecer o investimento preciso e comezar a xestionar as
posibles vías para acometelo.
César Portela,
que nos anos 80 realizara xa un proxecto de rehabilitación inmoble, tivo agora
que adaptalo ás novas normativas en vigor tanto en materia de seguridade coma
de accesibilidade, e á situación actual do inmoble. Un reto que o arquitecto asumiu tendo en conta
o valor histórico, cultural, urbanístico, arquitectónico e simbólico do
edificio. A fachada principal manterase
conservando a tipoloxía do edificio, e a dimensión, posición e forma do
teatro. Na fachada traseira que da ao
río aproveitarase esta condición e a súa posición estratéxica para crear unha
galería cun balcón sobre o Miño, onde se poderá emprazar un establecemento de
restauración. Contémplase tamén que a pequena finca da parte traseira poida
empregarse coma terraza.
Con este
anteproxecto o Concello de Tui poderá adoptar medidas encamiñadas a garantir
que o edificio non se siga degradando, e a recuperar aquelas pezas de interese
que poida haber no seu interior. Estas actuacións están xa contempladas no
documentos.
O seguinte paso
será buscar o financiamento preciso para facer da rehabilitación do Teatro
Principal unha realidade, e que o edificio constitúa a súa vez un eixo
dinamizador do conxunto histórico de Tui.