Novas porterías para o campo de fútbol da Mata e o pavillón municipal no Rosal

Campo de césped artificial, cuenta con una pista de atletismo de 4 calles, 5 en recta. Es donde disputa sus partidos el equipo local Unión Deportiva Ribeira.
A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar unha achega para o Concello do Rosal de preto de 12.000 euros, cos que poderá adquirir novas porterías para o campo de fútbol da Mata e o pavillón municipal e que complementan outros preto de 34.000 euros que concedeu tamén a institución provincial para situar un videomarcador neste último recinto.

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar unha achega para o Concello do Rosal de preto de 12.000 euros, cos que poderá adquirir novas porterías para o campo de fútbol da Mata e o pavillón municipal e que complementan outros preto de 34.000 euros que concedeu tamén a institución provincial para situar un videomarcador neste último recinto. Estes recursos pertencen ao Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas da Deputación, dotado de 4 millóns de euros para todos os concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes.

 

Cos recursos que acaba de aprobar a institución provincial para o Rosal, o concello poderá mellorar ámbalas dúas dotacións deportivas adquirindo novas porterías, tanto de fútbol como de balonmán.  Para o campo de fútbol da Mata adquirirá un xogo de porterías de fútbol 7 e  outro de fútbol 5, ambos coas súas correspondentes redes. No caso do pavillón municipal, O Rosal comprará un xogo de porterías de balonmán tamén con rede. Todas as porterías contan con tecnoloxía que garante a súa estabilidade, o que reduce o risco de lesións, evita o dano da área de xogo, incrementa a súa duración, aumenta a confianza dos xogadores, proporciona unha mellor experiencia para os espectadores e da cumprimento aos estándares de seguridade.

 

Ata o momento, o Goberno provincial mobilizou ao abeiro do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas preto de 3,8 dos 4 millóns de orzamento total, con achegas, ademais de para O Rosal, para A Cañiza, A Estrada, A Illa de Arousa, A Lama, Agolada, Arbo, As Neves, Baiona, Barro, Bueu, Caldas, Cambados, Campo Lameiro, Cangas, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Crecente, Cuntis, Dozón, Forcarei, Fornelos de Montes, Gondomar, Lalín, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Mondariz, Mondariz-Balneario, Moraña, Mos, Nigrán, O Grove, Oia, Pazos de Borbén, Poio, Ponte Caldelas, Pontecesures, Portas, Redondela, Ribadumia, Rodeiro, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui, Valga, Vila de Cruces, Vilaboa, Vilagarcía e Vilanova de Arousa.