Noa Costas Senlle, axedrecista mosense campiona de España

Noa e Xabier foron recibidos no Concello.

O pasado mes de xuño Noa e Xabi participaron en Cantabria no Campionato de España de Seleccións Autonómicas formando parte da Selección Galega. Os galegos erixíronse Campións de España en categoría Infantil e, con eles, Noa Costas; e lograron un nada desprezable 6° posto en categoría cadete, da que forma parte Xabier Pérez.

O concelleiro de Deportes, José Areal, e o tamén edil mosense, Baldomero Lorenzo, felicitaron esta mañá aos xadrecistas mosenses do Club Xadrez Mos, Noa Costas Senlle, campiona de España, e Xabier Pérez Sousa, 6º posto.

O pasado mes de xuño Noa e Xabi participaron en Cantabria no Campionato de España de Seleccións Autonómicas formando parte da Selección Galega.

Os galegos erixíronse Campións de España en categoría Infantil e, con eles, Noa Costas; e lograron un nada desprezable 6° posto en categoría cadete, da que forma parte Xabier Pérez.

Os representantes municipais, Areal e Lorenzo, trasladáronlles aos deportistas que “é todo un orgullo ver como os nosos xadrecistas do Club Xadrez Mos forman parte de la Selección Galega e ademáis traendo para Mos tan bos resultados”.