Música coral e teatro na programación do xoves de San Telmo

Carpa no paseo da Corredoira.

Abre o programa a Coral San Telmo  que actuará a partir das 17 ha Residencia San Telmo. A carpa no Paseo da Corredoira acollerá o espectáculo “Cores, Contos e Rock´n´Roll con Ramona Órbita” da man de Pakolas. Prosegue no Teatro Municipal a XII Semana de Teatro Amador.

Mañá xoves, 21 de abril, a música e o teatro serán os protagonistas na programación das festas de San Telmo.

Abre o programa a Coral San Telmo  que actuará a partir das 17 ha Residencia San Telmo.

A carpa no Paseo da Corredoira acollerá dende ás 18 h o espectáculo “Cores, Contos e Rock´n´Roll con Ramona Órbita” da man de Pakolas.  No mesmo Paco Cerdeira “Pakolas” guiará ao público coa súa voz, a súa guitarra e o seu humor por un universo musical cheo cancións, contos e historias, e tamén de cores e debuxos realizados en directo pola ilustradora Laura Romero. Cantarán e debuxarán a historia de Ramona Órbita, unha muller labrega do Courel, que posúe unha horta automática con patacas cibernéticas e que ten unha máquina do tempo coa que viaxa ao pasado e ao futuro.

A música continuará polas rúas de Tui a partir das 20 h da man da Escola de Gaita e Percusión “A Insua” de Caldelas.

E pechando a programación do día prosegue no Teatro Municipal a XII Semana de Teatro Amador. Ás 21 h o grupo de teatro Atalaia do Centro Sociocomunitario de Tui. Estreará “As vacacións da duquesa”. O elenco, dirixido por Miguel Ángel Pérez Blanco está formado por oito persoas. Este sainete escrito por Raimundo Francés comeza cando a duquesa plantexa a súa familia onde ir de vacacións, e os problemas que xorden xa que non ten cartos. As entradas, ao prezo de 2€, está á venda até mañá xoves ás 18 h en www.tui.gal, e mañá xoves dende ás 20 h no despacho de billetes, sen numerar, dende ás 20 h.

Xoves 21

  • 17.00h – 17.30 h Na Residencia San Telmo, actuación da Coral San Telmo.
  • 18.00h – 19.00 h Na carpa da Corredoira, actuación musical con “Cores, Contos e Rock´n´Roll con Ramona Órbita” de Pakolas.
  • 20.00h – 21.00 h Nas rúas de Tui, actuación da Escola de Gaita e Percusión “A Insua” de Caldelas.
  • 21.00h – 22:00 h No Teatro Municipal, XII Semana de Teatro Amador co grupo de teatro Atalaia do Centro Sociocomunitario de Tui. Estrea de “As vacacións da Duquesa”.