Mostra de Traxes Tradicionais
06 de agosto de 2021 (19:52 h.)
O cárcere vello de Tui, na rúa Sanz, acolle ao longo deste mes de agosto unha Mostra de Traxes Tradicionais organizada pola Asociación Cultural, Xuvenil e Recreativa San Telmo, coa colaboración do Concello de Tui.
Na mesma pódense admirar distintas pezas, algunhas orixinais e outras réplicas, da vestimenta tradicional de distintas zonas de Galicia nos últimos séculos.
A exposición abre de luns a sábado 10 a 13 h. e de 17 a 20 h.
De forma paralela, os venres día 13, 20 e 27 de agosto ás 19 horas haberá obradoiros musicais.