Mos incentiva al ejercicio con vídeos grabados polos monitores deportivos municipais
Non
hai excusa para o sedentarismo a pesar do confinamento decretado polo estado de
alarma na actual crise do COVID-19. A concelleira
de Deportes mosense, Begoña Toucedo, os monitores deportivos do Pavillón Municipal Óscar Pereiro e
dos programas deportivos municipais ‘Exercítate’
e ‘CóidaTe-Un coaching para
ti’ están a grabar desde onte vídeos de exercizos desde quecemento,
tonificación, estiramentos… etc. para que tanto os/as usuarios/as dos
devanditos programas deportivos como todos/as os/as mosenses que están nas súas
casas poidan manterse en forma e non perdan os hábitos de vida saudables.
Os vídeos poden ser visualizados e realizar as clases que neles se imparten por calquera persoa que estea interesada en facelo, simplemente consultando a canle de YouTube, o Facebook e/ou a páxina web municipal.
Por
sistema as publicacións realizaranse todos os martes e xoves, aínda que poden producirse tamén publicacións a
maiores durante outros días da semana.
Con
esta iniciativa de sesións deportivas virtuais perséguese o obxectivo de concienciar á poboación da necesidade que quedar na casa e
mentalizala de que facendo deporte xuntos,
aínda que na distancia, podemos contribuír a frear o virus.
+ info sobre os programas deportivos municipais ‘Exercítate’ e
‘CoidaTe’
O proxecto municipal ‘Exercítate’ está dirixido á xente da
terceira idade do Concello de Mos e a súa finalidade é mellorar a calidade de
vida das persoas maiores, e potenciar tanto a saúde física coma a mental
mediante actividades lúdico-deportivas.
O devandito programa conta con clases de
natación e ximnasia no Pavillón Óscar Pereiro e cada curso, edición tras
edición, supera as 100 persoas participantes.
O obxectivo xeral deste programa é
mellorar a calidade de vida das persoas maiores do Concello de Mos, así como
aumentar a súa independencia funcional e autoestima. Utilizando unha
metodoloxía activa e moi participativa, baseada na dinámica de traballo grupal,
buscando as vantaxes que pode ofrecer un grupo tales coma favorecer as
relacións sociais, facer as actividades máis amenas, etc.
Por outra banda o programa ‘CóidaTe-Un
coaching para ti’ é unha iniciativa municipal de deporte e benestar,
dirixida a todos os públicos en idade adulta, para manterse en forma e incorporar hábitos
saudables ás vidas da veciñanza mosense. Inclúe preparación física
persoal, ximnasia, control de peso, mantemento… etc.
Ata a declaración do estado de alarma polo coronavirus
impartíase no Pavillón Patricia Martínez en Castro-Mos os luns e mércores de
11h a 12h ou de 12h a 13h e os martes e xoves de 21h a 22h.