Dende o Concello de Mos declaran que onte aprobouse en pleno unha nova ordenanza fiscal que busca modernizarse e que sexa acorde á realidade do Concello.
A administración xa contaba con unha Ordenanza de fraccionamento de débedas que se ven a integrar nesta. Ademais, agora faise alusión a aspectos vencellados ás delegacións co ORAL; aos posibles cambios de calendario fiscal que se tiveron que afrontar recentemente coa Crise do COVID 19 ou ao emprego de novas formas de pago como a tarxeta de crédito e mesmo o pago na web do Concello.
Para iso se actualizan e modifican certas taxas de tal xeito que se permite o emprego da autoliquidación e se suprime algunhas figuras tributarias.
O obxetivo é facilitar aos cidadáns distintas opcións de pagamento e, ao mesmo tempo, dar garantías na súa xestión, seguimento e mesmo devolución de ser o caso (pagamento vía telemática e emprego de tarxeta en internet ou caixeiros)
Ata agora só se podía pagar con tarxeta na piscina e dende xuño na policía, na retirada de vehículos. Coas modificación da nova ordenanza se van poder pagar case todas as taxas municipais e a altas de IVTM por outros medios.
Dende o Concello indican que con estas novas medidas estase a promocionar o uso das novas tecnoloxías postas ao servizo da cidadanía para favorecer as súas relación coa administración: xestionar e pagar os seus tributos a calquera hora do día, calquera día da semana e en calquera lugar do mundo.
Ademáis e un xeito de abrir alternativas ante á situación de crise sanitaria que require que se restrinxan as relacións e contactos interpesoais (ademais do emprego de tarxeta como forma de pago e o uso de internet, eliminar figuras tributarias que se cobraban en efectivo. Exemplo: fotocopias ou certificados de padrón)
Actualizar estas ordenanzas fiscais axuda a facilitar o seu control e coñecemento. Todas estas medidas axudarán a diminuír o tempo de agarda nas dependencias municipais e que a estancia nestas sexa o máis segura posible dende o punto de vista da sanidade, ser máis áxil e eficiente na atención ao cidadán.
Para os posibles usuarios con analfabetismo funcional ou o aillamento tecnolóxico, en termos de conectividade non se restrinxen formas de pago e de relación coa administración, senon que se amplían. Os servizos de recadación estarán sempre a disposición dos administrados para facilitar o emprego das novas tecnoloxías, de tal xeito que o emprego destas non impida ou menoscabe as súas relacións coa administración. Se o administrado o solicita, dende recadación se lle xerará e imprimirá o recibo indicando as formas de pago alternativas ao emprego de tarxeta xa que estas formas non veñen a limitarse.