'Mos axuda' benefíciase do Ciclo de Teatro Solidario
Esta mañá presentouse no Multiusos das Pozas o I Ciclo de Teatro Solidario en beneficio de Mos Axuda. Á presentación asistiron a concelleira de Política Social do Concello de Mos, Sara Cebreiro, membros de Mos Axuda e representantes dos 5 grupos de teatro mosenses participantes na iniciativa.
Destes cinco grupos de teatro naceu a idea de unirse para levar a cabo o I Ciclo de Teatro Solidario en beneficio de “MOS AXUDA” que terá lugar de outubro a marzo co obxectivo de recadar fondos para o banco de alimentos de Mos Axuda e, ao mesmo tempo, facer difusión da cultura e o teatro mosenses.
🔴Outubro 2023:
Domingo 22 DE OUTUBRO.
Grupo de Teatro A Cividade.
“Amor, diñeiro, saúde”.
🔴 Novembro 2023:
Domingo 19 DE NOVEMBRO.
Grupo de Teatro Mulleres en Igualdade.
“As Mulleres da Imprenta”.
🔴 Xaneiro 2024:
Domingo 21 DE XANEIRO.
Grupo de Teatro de Torroso.
"Cachos de Teatro".
🔴Febreiro 2024:
Domingo 18 DE FEBREIRO.
Grupo de Teatro Celado.
"Concursa-Mos".
🔴Marzo 2024:
Domingo 24 DE MARZO.
Arte Pingüe Teatro.
“As dúbidas de Carmela”.
LUGAR: Auditorio de Torroso.
HORA: 18:00 h.
ENTRADA SOLIDARIA: 3 € (a favor de Mos Axuda).
As entradas poden adquirirse o propio día de cada obra de teatro ou anticipadas na oficina do Centro Dotacional de Torroso.
Para as persoas que queiran colaborar directamente con Mos Axuda, informar de que o seu local permanece aberto todos os martes de 17:00 h a 19:00 h da tarde.