“Monumento de Semana Santa” da Catedral tudense, peza de mobiliario litúrxico único en España
Relixiosidade, tradición e patrimonio van da man esta Semana Santa en Tui coa recuperación dos actos procesionais e da Visita aos Monumentos que marcan o programa destes días baixo a organización da Irmandade do Doce Nome de Xesús e Santa Casa da Misericordia, a Catedral e o Concello de Tui.
Na Capela da Misericordia volve realizarse este ano a recreación do Horto das Oliveiras, que se realiza dende 1818. Este é precisamente un dos monumentos que visitan no Xoves Santo, a partir das 19 h. Un percorrido polo patrimonio relixioso do conxunto histórico de Tui dende a Catedral, á igrexa das Clarisas, San Telmo, a capela da Residencia San Telmo, e as igrexas de San Domingos e San Bartolomeu, que conta con gran tradición entre a poboación tudense.
Cómpre salientar tamén como na Catedral, no lado norte da nave central do cruceiro, atopamos unha peza de mobiliario litúrxico único en España coma é o “Monumento de Semana Santa” realizado no século XVIII por Juan Luís Pereira.
O Venres Santo celebrarase o Sermón do Encontro, cunha recreación parateatral, con saída, ás 11 h, dos pasos dende a Capela da Misericordia até a praza de San Fernando, onde Ángel Carnicero, reitor do Seminario Maior San Xosé será o orador. A continuación terá lugar a procesión dos Pasos polas rúas do conxunto histórico, coa participación da agrupación de exvoluntarios de Protección Civil portando a imaxe do Santo Cristo da Agonía, coma levan facendo dende hai 29 anos.
Ás 20 h na igrexa de San Domingos terá lugar o Sermón do Desencravo con D. Samuel Montes, formador do Seminario Maior San Xosé coma orador. A continuación comezará a procesión do Santo Enterro irá dende esta igrexa polas rúas do conxunto histórico até a igrexa parroquial de San Francisco.
O Sábado Santo ás 8 h celebrarse a procesión de Nosa Señora da Soidade, só para mulleres, dende a igrexa de San Francisco á Catedral, con posterior sermón a cargo de D. Ángel Carnicero. A partir das 21.3 h celebrarse a Solemne Vixilia Pascual.
Os actos pecharanse o domingo 17, Domingo de Pascua de Resurrección coa Misa Pascual presidida polo bispo da Diocese, ás 12 h na Catedral.
Programa Semana Santa – Tui 2022
Mércores 13 de abril. Mércores Santo
- 12:00 h. Misa Crismal na S. I. Catedral
- Presidida polo Bispo da diocese e concelebrada polo presbiterio diocesano. Bendición dos óleos que se empregan na administración dos sacramentos nas parroquias durante o ano e renovación polos presbíteros das súas promesas sacerdotais.
Xoves 14 de abril, Xoves Santo
- 19:30 h. Misa Vespertina da cea do Señor na S. I. Catedral
- 19:00 a 23:00 h. Visita aos Monumentos
- Tradicional percorrido polos seguintes lugares: S. I. Catedral, Igrexas das Monxas Clarisas, Igrexa de San Telmo, Capela da Residencia San Telmo, Igrexa de San Domingos e igrexa de San Bartolomeu. Na Capela da Misericordia visítase a representación do Horto das Oliveiras.
- 23:00 h. Hora Santa na S. I. Catedral
Venres 15 de abril, Venres Santo
- 11:00 h. Sermón do Encontro e procesión dos pasos
- Saída dos pasos dende a Capela da Misericordia até a Praza de San Fernando onde terá lugar o Sermón do Encontro.
- Orador: D. Angel Carnicero Carrera, Reitor do Seminario Maior “San Xosé”.
- A continuación procesión polas rúas da cidade.
- Organiza: Irmandade do Docísimo Nome de Xesús e Santa Casa de Misericordia. Colabora: Asociación de antigos voluntarios de Protección Civil de Tui.
- 18.00 h. Celebración da Paixón do Señor na S. I. Catedral
- 20:00 h. Sermón do Desencravo e procesión do Santo Enterro
- Na igrexa de San Domingos Sermón do Desencravo.
- Orador: D. Samuel Montes Costas, Formador do Seminario Maior “San Xosé”. A continuación Procesión do Santo Enterro polas rúas da cidade ata a igrexa parroquial de San Francisco.
Sábado 16 de abril, Sábado Santo
- 08:00 h. Procesión de Nosa Señora da Soidade
- Saída dende a Igrexa de San Francisco ata a S. I. Catedral.
- A continuación sermón a cargo de D. Ángel Carnicero Carrera, Reitor do Seminario Maior “San Xosé”.
- 21:30 h. Solemne Vixilia Pascual na igrexa parroquial de San Francisco
Domingo 17 de abril, Domingo de Pascua de Resurrección
- 12:00 h. Misa Pascual na S. I. Catedral
- Presidida polo Bispo da diocese.