Máis de 200 elementos lumínicos de nadal acendidos desde este domingo
O goberno de Ponteareas acendiu as luces de nadal este domingo día 1 de decembro arrancando a animación de rúa co espectáculo “A luz do camiño” ao pé da gran bola lumínica de 17 metros de diámetro. Antes na carpa da Praza Maior, a xente fixo as súas compras no mercadiño solidario e arredor das 18.30 horas foi o momento de facer brillar o centro urbano.
Con
todas as luces colocadas xa en máis de 30 rúas e prazas para para ambientar o
centro urbano, o concello adxudicou a través dun concurso público a colocación
e mantemento do alumeado especial de nadal que ten un custe total de 39.930,00
ive incluído.
Máis
de 210 elementos lumínicos repartidos en 69 cortinas lumínicas, 64báculos, 44 decoracións en árbores, iluminacións en
fachadas de edificios municipais e prazas,
carteis de nadal, diferentes motivos varios e 1 bola de luz
xigante atrezarán Ponteareas. A toda esta ornamentación súmase o atrezzo de rúa
e unha pirámide de 9 metros colocada nunha rotonda.
Un
alumeado singular, innovador e atractivo, baseado na sustentabilidade, a través
do uso de novas tecnoloxías máis eficientes e sostibles coma o LED no que
priman as cores brancas cálidas con formas de cortinas lumínicas, cordóns,
guirnaldas e fíos de luz en rúas e fachadas. Nas rotondas predominan as
estruturas cónicas e unha bola de grandes dimensións coronará a praza da Música
donde arrancarán as festas de nadal con animación de rúa.
O
programa de nadal está deseñado, unha vez máis, para satisfacer o gusto de
públicos diversos e con actividades para toda a familia. Non faltará a música,
os obradoiros, as exposicións e por segundo ano consecutivo os Ranchos de Reis
cobrarán protagonismo para prolongar esta tradición que Ponteareas soubo
conservar ata os tempos actuais. O domingo 22 de decembro a partir das 17 horas
o II Festival Internacional de Danzas de Reis percorrerá as rúas de Ponteareas
para conquistar o escenario do auditorio
municipal ás 18h.
A concelleira de Promoción Económica adianta
que a pista de patinaxe abrirá o 3 de xaneiro ata o 30 de xaneiro para
reactivar as compras e que a clientela do comercio local atope un novo premio
pola súa fidelidade.
Baixo a carpa da praza Maior desenvolveránse
diferentes actividades infantís para que as familias gocen de tempo libre para
facer as súas compras mentres as cativas e os cativos aprenden xogando.