Luís María Uriarte Valiente, fiscal da Fiscalía Especial Antidroga, habla en Tui sobre el tráfico de drogas
Este venres, 15 de xullo, e o sábado, 16 de xullo, celebraranse no Teatro Municipal as I Xornadas Xurídicas de Tui.
Este venres, ás 19 h, celebrarase a primeira ponencia titulada “O tráfico de drogas” a cargo do Luís María Uriarte Valiente, fiscal da Fiscalía Especial Antidroga.
A continuación, ás 20.30 h, Joaquín Manuel Bobillo Martínez, fiscal da "Sección de Criminalidade Informática e de Delitos de Odio e Discriminación" da Fiscalía Provincial das Palmas de Gran Canaria disertará sobre “Os menores idade e as novas tecnoloxías”. Na súa charla ofrecerá unha visión global do uso das novas tecnoloxías polas persoas menores de idade, os perigos e riscos dunha mala utilización da TIC’s, e os principais delitos informáticos nos que pode estar implicada unha persoa menor de idade.
Por último o sábado ás 11 h Francisco Javier Vaquer Martín, maxistrado do Xulgado do Mercantil n°6 de Madrid abordará “Os retos do pequeno empresario ante as novas situacións de insolvencia”.
Na súa conferencia Vaquer Martín explicará a inminente modificación das formas de insolvencia, que xunto ás novas responsabilidades do empresario ante as primeiras dificultades financeiras da empresa, supoñen un profundo cambio legal para o que o pequeno empresario debe estar informado e prevido.