Lorenzo optimizará a experiencia e a xestión nos seus colaboradores

Goberno Municipal do Porriño.
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, anunciou hoxe a nova estrutura do goberno local e delegacións de competencias.  O rexedor aposta polo proxecto iniciado dende que preside a corporación dando continuidade ao labor que levaron a cabo os concelleiros e concelleiras no último ano, un labor apoiado na experiencia e a xestión que se reforzará coa creación de novas áreas que ampliarán a calidade do servizo que se presta á veciñanza.

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, anunciou hoxe a nova estrutura do goberno local e delegacións de competencias.  O rexedor aposta polo proxecto iniciado dende que preside a corporación dando continuidade ao labor que levaron a cabo os concelleiros e concelleiras no último ano, un labor apoiado na experiencia e a xestión que se reforzará coa creación de novas áreas que ampliarán a calidade do servizo que se presta á veciñanza.

“O Porriño afronta grandes retos nos próximos catro anos e para facelo contará cun equipo comprometido, eficaz e cohesionado que traballará de forma transversal para atender as necesidades dos veciños”, explicou o rexedor, “Centraremos a nosa liña de traballo na atención ás persoas e na correcta prestación dos servizos públicos, e para iso creamos novas áreas que reforzan as actuais como a de Participación cidadá e asociacións, Consumo, Migración, Infancia e Promoción e xestión da vivenda”.

Estas novas concellerías traballarán de maneira coordinada coas xa existentes, permitindo ao equipo de goberno dar unha maior resposta ás necesidades que se detectan no eido dos servizos e do social, os dous piares nos que Lorenzo sustenta o seu proxecto para O Porriño.

Asemade, designaranse catro tenencias de alcaldía que corresponderán a Carlos Martínez, Carolina González, Abel Estévez e Antía Carrera.

O rexedor convocou xa o pleno de organización, que se celebrará o luns 26 de xuño ás 9 h.

Reparto de áreas

  • Alejandro Lorenzo: Facenda e Persoal
  • Carlos Martínez: Industria, Contratación e Patrimonio
  • Carolina González: Educación, Igualdade e Normalización Lingüística
  • Antía Carrera: Urbanismo, Promoción e xestión da vivenda, Medio Ambiente e Mercados
  • Abel Estévez: Deportes, Servizos Sociais, Seguridade, Policía Local e Protección Civil
  • Ramón Porto: Vías, Obras e Servizos
  • Rosa Isabel Alonso: Comercio, Transparencia, Infancia, UNED e Programas Europeos
  • José Carlos González: Parques e xardíns, Limpeza e Cemiterio
  • Bienvenido Estévez: Cultura, Festas e Novas Tecnoloxías
  • Rosario Costas: Emprego e formación
  • Marcos Martínez: Parroquias, Comunidades de augas e montes e Parques infantís
  • Vanessa Ucha: Turismo, Migración e Mobilidade
  • Antonio Barros: Xuventude, Terceira idade e Participación cidadá
  • Teresa Veloso: Sanidade e Política social
  • Bárbara Troncoso: Atención cidadá e Protocolo
  • Ricarlo Losada: Consumo e Parque móbil