La película en la que trabaja la gallega premio Goya, Benedicta Sánchez, 'O que arde', poderá verse en Tui
'O que arde' de Oliver Laxe poderá verse este venres en Tui en dobre función, ás 19.30 e ás 21.30 horas. O Concello de Tui ante a gran demanda de localidades rexistrada dende a apertura da venda online o pasado sábado decidiu realizar dous pases da película.
Interpretada por Amador Arias, Benedicta Sánchez, Inazio
Abrao, Elena Fernández, David de Poso, e Álvaro de Bazal achéganos ata unha
aldea das montañas lucenses, a onde regresa Amador tras cumprir condena por
provocar un incendio. Volve vivir coa súa nai, Benedicta, a súa cadela Luna e
tres vacas. Todo nas súa vidas cambia cando un lume violento arrasa a zona.
“O que arde” dende a súa estrea o ano pasado tense
convertido xa na película rodada en galego máis vista, con máis de 70.000
espectadores, superando a “Sempre Xonxa” de Chano Piñeiro.
Amais do aplauso
do público o filme ten colleitado tamén os parabéns da crítica e conta no seu haber
con varios premios. Os dous últimos son os Goya de
Mellor actriz revelación, para Benedicta Sánchez, e o de Mellor dirección de
fotografía para Mauro Herce, pero tamén foi galardoado nos festivais de Cannes, Donostia, Toronto
ou Nova York.
As entradas online volveranse a pór á venda hoxe ás 20 h en www.culturatui.info, onde se poderán mercar até este venres ás 12 h. Resérvanse 50 entradas por pase para a venda no despacho de billetes o venres hora e media antes da proxección. Os prezos son 5€ e 4€.