Oito imaxes de advocacións da comarca acompañarán á Virxe da Asunción e a da Ascensión do Señor na tradicional romaría de Monte Castelo en Pesqueiras

Romaría 2022. ARQUIVO.
Neste fraternal encontro acompañarán á Virxe da Asunción diversas parroquias na romaría coas súas imaxes parroquiais xunto co acompañamento dos seos veciños e veciñas e romeiros e romeiras.

A dous días da Romaría da Nosa Señora da Asunción, en Monte Castelo, Pesqueiras, Salvaterra de Miño, a expectación é máxima na comarca. Entre outras cousas porque este ano é de celebración do centenario da reforma da capela 1923-2023.

Neste fraternal encontro acompañarán á Virxe da Asunción diversas parroquias na romaría coas súas imaxes parroquiais xunto co acompañamento dos  seus veciños e veciñas e romeiros e romeiras.

Romaría 2022. ARQUIVO.

Oito advocacións subiran ao Monte Castelo, como son  a Virxe de Fátima do Casal-Salvaterra; Virxe das Ermitas das Ermitas-Salvaterra; San Ramón de Soutolobre; Virxe do Carmen de Fiolledo, Virxe da  Cabeza de Lourido; Virxe das Dores de Tortoreos; Virxe do Carme de Alxén, e San Miguel de Corzáns.

Segundo a organización, case “unha mini pascuilla, no monte Castelo, con saúdos fraternais á Nosa Señora da Asunción”. Ademais, tendo como convidado de honra, a imaxe da Ascensión do Señor presidindo a procesión santoral.

Máis info de la Romería