A humanización da contorna do Concello, a reforma da residencia de maiores, a rehabilitación da Ponte dos Remedios, a fase I da rede de saneamento de Ribadetea e o parque empresarial de A Lomba, proyectos de Ponteareas co novo orzamento
O grupo de goberno do Concello de Ponteareas presentou esta mañá os orzamentos para o ano 2024 que chegan a algo máis 20,9M de euros, cun saldo positivo a favor, logo de descontar os gastos, que ascenden a pouco máis de 19,4M de euros, de 1,5M de euros, a contía de perdas económicas contraída polo anterior goberno en 2022.
No apartado de Ingresos as maiores partidas veñen polo impostos indirectos con ,más de 4,5M de euros (un 21,7% do total), seguido das taxas e prezos públicos por valor de case 4,4M de euros (un 21%). Pero a maior porcentaxe de ingresos, un 40,7% que equivalen a más de 8,5M de euros, proveñen de transferencias correntes.
Neste apartado o Estado é o que máis aporta con más de 5,6 M de euros, seguido da Xunta de Galicia con 2,7M, e o desenvolvemento de PXOM con 1,3M. Todo isto sen contar cos ingresos procedentes do Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra, que achega 1,3M de euros.
En canto aos gastos, as tres partidas principais correspóndense a servizos sociais, xuventude e voluntariado con case 3,9 M de euros, un 20% do total; a administración xeral que supón un desembolso de algo máis de 2,6M de euros, un 13% e cun 10%, más de 1,8M, a recollida, eliminación e tratamento de residuos.
LÍNEAS DE GASTO PÚBLICO
As liñas estratéxica sobre as que pivotarán os orzamentos desde vindeiro exercicio, 2024, son cinco: a inversión en servizos sociais, coa creación da área infanto-xuvenil, a mellora da xestión do centro de reparto de alimentos, a incorporación dun servizo de acompañamento e o aumento do servizo de axuda no fogar ao 100% das persoas dependentes de grado II e III.
A segunda liña é a mellora das infraestruturas verdes, con desbroces, mantemento de parques e xardíns, a Freixa e o Tea. Tamén un novo convenio para o servizo de emerxencias e extinción de incendios. En cuarto lugar, a promoción do patrimonio cultural e mellora das axudas aos centros culturais e a quinta, a incentivación das actividades deportivas e o reforzo das axudas aos clubs deportivos.
Neste sentido destaca o incremento do 554% para actividades culturais e festivas ou o +233% en inversión na promoción do deporte, así como o aumento do 175% na licitación do subministro eléctrico que pasa dos moi escasos 300.000 euros do anterior orzamento aos 825.000 euros neste 2024.
NOVA CREACIÓN
Entre as novidades, resaltar tres de partidas de nova creación moi necesarias para a vila como son o Fondo de continxencia, a Residencia de Artistas e o centro de Emprendemento, Dinamización Empresarial e Coworking, así como o reforzo do servizo tecnolóxico cun aumento da inversión do 25%.
Pola súa banda, as subvencións increméntanse nun 71% ata os 634.000 euros dos que o maior incremento, dun 216% vai para entidades deportivas, as achegas a centros cultural medran un 63% ata os 40.000 euros ampliables a 25.000 euros. No ámbito social destacan as axudas de emerxencia social con 100.000 euros e os convenios nominativos de 40.000 euros coa Cruz Vemella, 25.000 con Afaga e 10.000 para Avelaíña. Tamén o baleirado de fosas sépticas increméntase nun 82% para dar resposta á demanda dos veciños e veciñas que non se atendeu nos últimos anos.
Finalmente, no apartado de Investimentos, de pouco máis de 2M de euros. Más de 900.000 corresponden á humanización da contorna do Concello, outros 600.000 á reforma da residencia de maiores, 400.000 á rehabilitación da Ponte dos Remedios, 380.000 euros á fase I da rede de saneamento de Ribadetea e os 220.000 restantes ao parque empresarial de A Lomba.