Federación de Comercio de Pontevedra, nova directiva e novo presidente
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou hoxe en Vigo na presentación da nova directiva e proxecto da Federación de Comercio de Pontevedra, tras a recente elección de Iván Iglesias Domínguez como presidente.
Heredia felicitou á nova directiva e púxose á súa disposición para que trasladen as súas suxestións e propostas de mellora para o comercio de Pontevedra, establecendo así unha canle de comunicación directa e constante coa Xunta de Galicia co obxectivo de cooperar no impulso á competitividade do comercio de proximidade da provincia.
O impulso ao asociacionismo comercial é un dos eixos da estratexia de impulso ao sector da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, que a través da colaboración coas federacións e asociacións de comerciantes promove a dinamización do sector e a prestación de servizos conxuntos á cidadanía.