Explosión de lecer en Ponteareas para celebrar o Día da Xuventude: música, gastronomía, deportes e moito máis!
O Concello de Ponteareas, a través da concellería de Xuventude que dirixe Cristian Montes, convida a participar nas actividades do Día da Xuventude este sábado día de 16:00 h 21:00 h.
Nesta actividade, financiada pola Xunta de Galicia, a xuventude participante terá diferentes alternativas de lecer que van dende o espazo de gastronomía saudable con propostas de cócteles sen alcol ao de experiencias artísticas co obradoiro de arte colaborativo.
Demostracións culinarias, futbolin humano, tiro con arco, espazo de construcións, xogo de escape e realidade virtual, kahoot, cimentos en xogo e puntos de información xuvenil e laboral ou recursos de igualdade, entre as moitas propostas de lecer que rematarán cos concertos de Alteanos e Black Lovers a partir das 20:30 horas na praza Maior. Esta programación esta pensada para un público de entre 12 e 35 anos de idade.
Alcaldesa, Nava Castro, e concelleiro coinciden en salientar a calidade da proposta para celebrar o Día da Xuventude dun xeito divertido e saudable. O Concello de Ponteareas ten 3928 mozas e mozos de entre 15 e 30 anos que este sábado poderán celebrar o seu día con actividades de lecer e tamén procurar apoio nos puntos de orientación e información.